Renovan os procesadores dos HP TouchSmart 300 e 600
mércores, 21 de abril do 2010
Os ordenadores
todo-en-un con pantalla táctil de HP renóvanse
para incorporar procesadores Intel Core i3 e i5, o que supón unha
interesante mellora dos HP TouchSmart 300 e 600 (con pantallas de 20 e 23
polgadas) que xa están dispoñibles nos EE.UU. a prezos que parten dos 799 e
1.099 dólares respectivamente.
Pese a ter unha pantalla delgada, o HP TouchSmart 600 tamén integra a
tecnoloxÃa Beats Audio, que permite unha experiencia de son óptima, e tanto
este equipo coma o TouchSmart 300 inclúen unha serie de aplicacións optimizadas
para o seu uso táctil coma o Paint It! De Corel e o Roxio CinemaNow.