Reprodutor de DVD con USB 2.0 e sintonizador de TDT de alta definición

venres, 22 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Coa chegada da Televisión Dixital Terrestre, moitos son os consumidores que decidiron adaptar os seus vellos televisores coa incorporación dun reprodutor de DVD con sintonizador de TDT, para reducir ao mínimo o número de dispositivos no salón (así coma o número de mandos a distancia), pero coa chegada das novas canles en alta definición (Antena 3 HD, Telecinco HD e TVE HD en probas) estes dispositivos quedaban coxos, ao que fabricantes coma Nevir responden actualizando o seu catálogo.
Así, o reprodutor de DVD NVR-2343 combina un reprodutor de discos DVD con soporte de múltiples ficheiros multimedia (incluíndo non só Xvid, senón tamén MKV) que tamén poden reproducirse a través un porto USB 2.0, e que tamén incorpora un sintonizador de TDT de alta definición. Este dispositivo conta con saídas de audio 5.1, audio dixital coaxial, vídeo composto, vídeo por compoñentes, euroconector e HDMI 1.3, facilitando a súa conexión directa a multitude de televisores.

PUBLICIDADE