Reprodutor multimedia portátil moi completo a un prezo ridículo

luns, 13 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os reprodutores multimedia de fabricación chinesa non paran de sorprender polas súas elevadas prestacións e reducidos prezos, sendo o mellor exemplo que podemos atopar hoxe o CUBE B52HD, que é un dispositivo cunha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 480 x 272 píxeles, que conta con 8 Gb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas SD de ata 8 Gb), ten saída de vídeo, e é capaz de manexar resolucións de ata 1.280 x 720 píxeles (HD Ready). Soporta moitos formatos de vídeo (AVI, FLV, MPEG, RM, RMVB) e audio (MP3, WMA, APE, FLAC, Ogg, WAV) e non lle falta nin gravación de voz nin sintonizador de radio FM.
Todas estas prestacións superan xa a moitos dos reprodutores multimedia portátiles que temos nas tendas, e o feito de que a súa pantalla sexa incluso maior que a dunha PSP tamén é un atractivo, pero o máis rechamante é que estase a vender por só 499 iuans (uns 54,70 euros), polo que entendemos que este sector tan competitivo aínda está lonxe de dicir a súa derradeira palabra.

PUBLICIDADE