Resident Evil 3 terá remake en abril

martes, 10 de decembro do 2019 Marcus Fernández

A cuarta entrega do State of Play contou cun grande anuncio que claramente eclipsou a todos os demais: a confirmación do remake do clásico Resident Evil 3, que chegará ás tendas o 3 de abril de 2020 e incluirá Resident Evil Resistance, un xogo de supervivencia multixogador de 4 contra 1.
O éxito do remake de Resident Evil 2 facía inevitable que a súa seguinte entrega, que en 1999 foi exclusiva de PlayStation, contando con versións para PC e Dreamcast en 2000 e para GameCube en 2003 (sendo esta última a que, mediante emulación, comercializouse en dixital para PS3 e PSP).
Este xogo teremos como protagonistas a Jill Valentine e Carlos Oliveira, personaxes que presentan un redeseño gráfico impresionante grazas ao aproveitamento das capacidades gráficas das consolas da presente xeración. Tampouco faltará Némesis, monstro que persegue aos protagonistas, o que supón un desafío que pode xurdir en calquera momento, o que axuda a manter a tensión.
Aínda que foi Sony a encargada de presentar este xogo, o novo Resident Evil 3 tamén terá versións para Xbox One e PC (Steam) que estrearanse o mesmo día, e dende Capcom tamén adiantan que nos EE.UU. a cadea de tendas GameStop porá á venda en exclusiva unha edición para coleccionistas do xogo que incluirá unha figura de Jill Valentine, un libro de ilustracións en tapa dura, un póster de dobre cara e a banda sonora do xogo. É bastante probable que esta edición especial chegue a moitos outros mercados a través de acordos de distribución exclusiva con diferentes vendedores.

Xa confirmaron versións para coleccionistas do xogo nos EE.UU.
Carlos Oliveira é un dos protagonistas do xogo
Jill Valentine é un coñecido personaxe da saga que desta volva experimenta un impresionante redeseño gráfico

Tráiler de presentación do remake de Resident Evil 3

PUBLICIDADE