Resident Evil 6 estrea demo pública para PS3 e Xbox 360

martes, 18 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Dende hoxe está dispoñible a versión de demostración do xogo Resident Evil 6, que poden descargar de balde os usuarios Gold de Xbox LIVE e que tamén está dispoñible a través da PlayStation Network, de xeito que na PS3 e na Xbox 360 poderanse probar as 3 campañas principais do xogo (cada unha cun personaxe protagonista) e incluso gozar do modo cooperativo en liña, resultando así un excelente adianto do xogo que verá a luz o vindeiro 2 de outubro para as consolas de videoxogos de alta definición (a versión para PC chegará antes de rematar o ano).
Nesta demo poderemos controlar a Leon S. Kennedy e Helena Harper nos corredores da Universidade de Ivy, polos que abundan as vítimas dun ataque bioterrorista; a Jake e a Sherry Berkin intentando repeler ao J’avo; e a Chris Redfield e Piers Nivans polas rúas devastadas de Edonia. Cómpre destacar que estamos ante unha nova demo, pois os usuarios que mercaron o xogo Dragon’s Dogma tiveron acceso a unha versión de demostración anterior.

PUBLICIDADE