Resident Evil: Operation Racoon City chegará a España o venres

martes, 20 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro venres Capcom estreará en Europa o xogo Residente Evil: Operation Racoon City en versións para Xbox 360 e PlayStation 3 (chegando para PC o 18 de maio), pero este título desenvolvido en colaboración con Slant Six Games non parece que vaia ser o máis destacable desta saga que superou os 47 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, pois supón un cambio de rumbo que no parece convencer, optando por unha experiencia de acción e disparos por equipos en terceira persoal, reinterpretando os acontecementos que tiñan lugar durante os xogos Resident Evil 2 e Resident Evil 3.
Aínda que chegue como un Resident Evil, non parece que Operation Racoon City mereza pertencer a esta franquía, pois posiblemente esteamos ante o seu título peor valorado pola crítica, o que non parece ser capaz de solucionar o seu novo trailer de lanzamento:

O xogo inspírase nas historias que acontecen durante Resident Evil 2 e Resident Evil 3, sen cinguirse ás mesmas

PUBLICIDADE