Resident Evil Revelations chegará ás consolas da presente xeración

martes, 1 de agosto do 2017 Marcus Fernández

O xogo Resident Evil Revelations foi un grande éxito para Nintendo 3DS, o que levou a que, pese a estar desenvolvido pensando nunha plataforma portátil moi limitada, a dar o salto a Xbox 360, PS3, PC e Wii U en 2013 e incluso estrear secuela a primeiros de 2015, pero estes últimos xogos xa estaban dispoñibles para consolas de nova xeración, que poderiamos consideralas orfas, xa que non contaban co capítulo que iniciaba a saga, o que finalmente vai repararse, xa que o vindeiro 29 de agosto Resident Evil Revelations vai contar con versións para Xbox One e PlayStation 4.
A cousa non vai quedar aí, e tamén a Nintendo Switch porase ao día, e a finais de ano contará tanto con Resident Evil Relevations como con Resident Evil Revelations 2, de xeito que poderán gozar integramente da historia de terror e acción.
As novas versións deste survival horror contarán con gráficos Full HD e todos os contidos descargables previos incluídos, e permitirannos abordar un barco pantasma (o Queen Zenobia) no Mediterráneo encarnando a Jill Valentine na busca de Chris Redfield, descubrindo a verdade oculta tras a destrución dunha cidade flotante. O xogo tamén inclúe modos de xogo en liña e incluso permite personalizar o control (coas distintas configuracións propias da franquía) para adaptarse ás preferencias dos xogadores.

PUBLICIDADE