Revista en papel

martes, 17 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Número 228 de Código Cero en PDF

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Máis de 50 proxectos serán seleccionados para participar na 9ª edición do Pont-Up Store
– A rapazada de Talentos Inclusivos mostra unha decena de revolucionarias solucións
– RAGC e GAIN entregan os premios á transferencia tecnolóxica de Galicia
– GAIN mobiliza unha nova liña de axudas directas á innovación das empresas
– A Xunta dixitalizará todas as aulas dende Infantil até segundo de Bacharelato
– As asociacións e AMTEGA achegarán este ano máis de 20 actividades conxuntas
– AtlantTIC: Uncover celebrou a súa reunión anual en Vigo
– O Campus de Ourense recibirá unha relevante incorporación: o Grao en Intelixencia Artificial
– O Congreso Flúor acolleu a posta en marcha oficial do Clúster do Ecommerce Galego
– Especial CPEIG: Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
– Balidea crea un asistente para axudar aos nosos maiores a ficar nos seus fogares
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– 30 A canción galega AILALELO, finalista do AI Song Contest
– Danse a coñecer os premios do certame de podcast O Vello dos Contos

Números anteriores


Números anteriores de Código Cero en papel
Tódolos números da edición en papel en formato PDF para a súa descarga.

PUBLICIDADE