Rhythm Paradise terá xogo para Wii
xoves, 9 de xuño do 2011
Minna no Rhythm Tengoku é o nome que recibe no Xapón o xogo Rhythm Paradise, que tanto éxito acadou
na Nintendo DS, e que o 21 de
xullo chegará á Wii, aÃnda que polo momento só dentro de territorio nipón.
A nova entrega para Wii conserva o concepto inicial do divertido xogo musical
que funciona practicamente con só premer un botón en base a certos ritmos, manténdose
tamén as absurdas propostas que chegan en cada unha das fases do xogo no que
hai que facer cousas como pinchar feixóns cun garfo, axudar nunha cadea de
montaxe de robots, manexar a un samurai que debe derrotar a monstros que chegan
das tebras, xogar ao tenis dende unha avioneta ou xogar ao golf nunha illa
tropical.
Pese a que non se realizou ningún anuncio ao respecto, é posible que este tan
ridÃculo como divertido xogo chegue a Europa antes de rematar o ano, o que
agradecerán os seareiros desta saga que naceu na Game Boy Advance.
- O xogo propón retos como xogar ao golf ao ritmo da música
Asà é o novo Rhythm Paradise para Wii