Rhythm Thieft & the Emperor’s Treasure será unha das propostas máis prometedoras de SEGA para a Nintendo 3DS
xoves, 1 de setembro do 2011
Esta semana SEGA
deu a coñecer o que promete ser un grande éxito, Rhythm
Thief & the Emperor’s Treasure, xogo exclusivo para Nintendo 3DS
que parece combinar o estilo dos xogos do profesor Layton e Elite Beat Agents, e que poderemos ver
nas tendas a primeiros de 2012.
Rhythm Thief & the Emperor’s Treasure
mestura ritmo, quebracabezas e unha historia atractiva, aproveitando a
tecnoloxÃa da Nintendo 3DS, nunha aventura que nos levará polas rúas de ParÃs encarnando
a Raphael, un ladrón que vai na procura da pulseira de Tiamat para resolver o
misterio da desaparición do seu pai.
AÃnda que o xogo está centrado nunha aventura para un xogador, tamén terá un
modo multi-xogador e fará uso do servizo StreetPass.
O xogo de SEGA xa ten trailer
- A estética do xogo e os seus aires de misterio lembran ás aventuras do profesor Layton