Riddick estreará xogo na App Store o vindeiro venres
mércores, 18 de setembro do 2013
Tras a estrea nas salas cinematográficas de Riddick, terceiro filme da saga
protagonizada por Vin Diesel, algúns dos desenvolvedores dos xogos anteriores
baseados na franquÃa (o deseñador orixinal de Chronicles of Riddick: Escape from Butcher Bay e membros do equipos
de Chronicles of Riddick: Assault on Dark
Athena) xuntaron forzas con Tigon Studios para facer realidade Riddick:
The Merc Files, que o vindeiro venres será a estra do personaxe en
dispositivos móbiles.
Este xogo para iOS achegará unha experiencia de infiltración e acción con
control táctil, que presenta unha aventura moi semellante á do último filme,
meténdonos no rol de Riddick e tendo que enfrontarse a mercenarios que o
perseguen, fuxindo deles, enganándoos ou eliminándoos segundo a táctica que
elixamos en cada situación.
Riddick: The Merc Files seguirÃan na
tónica cada vez máis habitual de lanzar xogos baseados en filmes directamente
para dispositivos móbiles, permitindo asà ofrecer uns tÃtulos cun nivel
modesto, que non resulten tan lamentables como os xogos para consolas
domésticas que normalmente se inspiraban en pelÃculas de éxito. Amais, dende Gaming Corps aseguran que
van lanzar paquetes con contido adicional de xeito regular, para engadir
novos niveis e elementos ao xogo, manténdoo vivo durante bastante tempo.
Trailer de Riddick: The Merc Files