Ridge Racer terá unha entrega Free-to-Play a finais de ano
xoves, 11 de abril do 2013
Os
xogos da saga Ridge Racer son todo un
sinal de identidade da marca PlayStation, pese a nacer en máquinas recreativas,
pois foi na primeira PlayStation en 1994 e 1995 onde estes xogos de condución
comezaron a causar furor, e Namco Bandai quere manter a forza desta franquía,
polo que optan por unha das fórmulas de moda na actualidade, o Free-to-Play, que será o modelo de
negocio que seguirá a finais de ano Ridge
Racer Driftopia.
Este novo xogo estará dispoñible para PlayStation 3 e PC, e polo momento pouco
se sabe do mesmo máis aló dun trailer
que presentaron hoxe e no que destacan como principal virtude a
posibilidade de xogar de balde, como tamén fixo hai pouco en dispositivos
móbiles, e con grande éxito, Real Racing
3.
O vicepresidente de Namco Bandai Games Europa, Olivier
Comte, asegurou que “en Namco Bandai
Games o noso compromiso é o de profundar e novos modelos de negocio aparte da
tenda tradicional, que segue a ser de vital importancia para nós. Os xogos de Free-to-Play
son cada vez máis importantes, así que para nós é unha verdadeira honra poder
adaptar unha das nosas franquías de máis éxito a este mercado para que todo o
mundo poida gozar dela”.
Primeiro trailer de Ridge Racer Driftopia