Rock Band Blitz estréase con 25 cancións compatibles con Rock Band 3

mércores, 29 de agosto do 2012 Marcus Fernández

A marca Rock Band, tras verse marxinada temporalmente, vén de ser recuperada por Harmonix en Rock Band Blitz, xogo musical descargable que chega hoxe a 1.200 Puntos Microsoft (14,4 euros) para Xbox 360 e 10,99 euros para PlayStation 3, e que prescinde de guitarras de plástico como sistema de control para optar polos mandos habituais das consolas para poder gozar deste título como de moitos outros xogos rítmicos. En ambas plataformas conta con versión de proba, para poder axudar na decisión de compra.

Rock Band Blitz contrólase cos mandos ordinarios da PS3 e da Xbox 360

Rock Band Blitz é compatible cos temas que xa teñamos dalgún outro xogo de Rock Band, e inclúe 25 cancións (que tamén poden xogarse en Rock Band 3, o que tamén é un bo incentivo para facerse con este xogo):
- The All-American Rejects – Kids in the Street
- Avenged Sevenfold – So Far Away
- Barenaked Ladies – One Week
- Blink 182 – Always
- Collective Soul – Shine
- Elton John – I’m Still Standing
- Fall Out Boy – A Little Less Sixteen Candles, A Little More ‘Touch Me’
- Foo Fighters – These Days
- Foster the People – Pumped Up Kicks
- Fun. featuring Janelle Monáe – We Are Young
- Great White – Once Bitten Twice Shy
- Kelly Clarkson – Stronger (What Doesn’t Kill You)
- Kool & The Gang – Jungle Boogie
- Iron Maiden – The Wicker Man
- Living Colour – The Cult of Personality
- Maroon 5 – Moves Like Jagger
- My Chemical Romance – Sing
- Pink – Raise Your Glass
- Queen – Death on Two Legs
- Quiet Riot – Metal Health (Bang Your Head)
- Shinedown – Diamond Eyes (Boom-Lay Boom-Lay Boom)
- Red Hot Chili Peppers – Give It Away
- Rick Springfield – Jessie’s Girl
- Soundgarden – Spoonman
- Tears for Fears – Shout


Trailer de Rock Band Blitz para PS3</small<

PUBLICIDADE