Rocket League para PS4 por fin permite competir con xogadores doutras plataformas

luns, 14 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

O pulo de Fortnite levou a que Sony tivese que repensar a súa política relativa ao xogo cruzado, de xeito que finalmente cedeu ás presións e prometeu que os xogadores de PC, Mac, Xbox One, Nintendo Switch, iOS e Android poderían compartir os seus progresos en compras tamén na versión para PS4 do xogo, e grazas a este cambio de postura podemos agora celebrar que Rocket League leva o seu multiplataforma ao completo a PlayStation 4.
Isto quere dicir que Rocket League entrou no programa PlayStation Cross-Play Beta, permitindo que xogadores de PS4, Xbox One, Nintendo Switch e PC (Steam) poidan emparellarse aleatoriamente e competir neste xogo con independencia da súa plataforma, culminando un dos grandes soños dos responsables do xogo dos futcoches.
En calquera caso, a opción multiplataforma non é obrigada, de xeito que os usuarios poden activala ou desactivala no apartado de Opcións do Menú Principal.

PUBLICIDADE