Rocket League terá un modo de baloncesto

venres, 11 de marzo do 2016 Marcus Fernández

O crecemento meteórico de Rocket League en cada unha das plataformas nas que se foi lanzando este xogo (primeiro en PC e PS4, e dende o mes pasado tamén en Xbox One) responde claramente á proposta de diversión pura que achega este curioso xogo no que coches a reacción xogan ao fútbol, e aínda que este título conseguiu manterse moi activo con numerosas actualizacións que consisten principalmente en novos vehículos, tamén conta con novos modos de xogo, entre os que vai destacar o que anunciaron durante a xornada de hoxe, Rocket League Hoops, ou sexa, que mudará as porterías de fútbol por canastas de baloncesto.
Que Rocket League poida enfocarse máis ao xogo aéreo, e presente unha variante chegue a alterar a súa mecánica básica inicial disparou a expectación, de xeito que antes de que os futcoches pasen a xogar ao cochescesto xa podemos confirmar que o título de Psyonics manterá o seu pulo durante moitos meses máis, ao que posiblemente contribúa considerablemente que este mesmo ano vai comercializar unha versión en formato físico (chegando así aos xogadores que non deron o paso aos formatos descargables).

PUBLICIDADE