Sae á venda a tableta Pixel C de Google
mércores, 9 de decembro do 2015
A nova
tableta de Google chega
a tempo para a campaña de Nadal, e xa podemos adquirir a nova Pixel C
a través da Google Store a un prezo de 499 euros para o modelo con 32 GB de
almacenamento interno e de 599 euros cunha capacidade de 64 GB (ao que haberÃa
que engadir 169
euros polo seu teclado no caso de tirar bo partido das súas posibilidade), no
que parece unha proposta demasiado arriscada, xa que estamos ante unha tableta
que aspira a funcionar como ordenador portátil (centrándose na produtividade)
pese a funcionar con Android 6.0.
Tecnicamente estamos ante unha tableta moi avanzada, cunha pantalla de 10,2
polgadas cunha impresionante resolución de 2.560 x 1.800 pÃxeles, procesador
nVIDIA Tegra X1, 3 GB de RAM, cámaras de 12 e 8 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth
4.1, USB de tipo C, altofalantes estéreo, 4 micrófonos, carcasa de aluminio
anodizado de cor prata, un grosor de 7 milÃmetros e un peso de 517 gramos, que
xunto cunha autonomÃa de até máis de 10 horas convértese no produto de
referencia para os usuarios que queiran gozar dunha tableta que poida gozar
coas últimas actualizacións de Google, aÃnda que o obxectivo de convertelo
nunha ferramenta para a produtividade parece moi lonxe da realidade dado o
actual estado das aplicacións para Android (que pese a contar cun catálogo moi
amplo, adoece dunha reducida adaptación a tabletas) e a posibilidade de facerse
cun equipo 2-en-1 con Windows 10 por menos da metade de prezo.
- A Pixel C quere ser unha tableta válida para a produtividade empresarial
VÃdeo promocional da tableta Pixel C