Sae á venda o iPad mini con pantalla Retina
martes, 12 de novembro do 2013
O pasado dÃa 1 púxose á venda en España o novo iPad Air,
levando incluso a numerosas tendas especializadas en produtos de Apple a abrir
pese a ser dÃa festivo, para que os máis entusiastas puidesen facerse co novo
tablet, quedando como incógnita a data na que poderiamos adquirir no noso
territorio o seu irmán pequeno, o iPad
mini con pantalla Retina (que nesta revisión convértese simplemente nunha
versión de 7,9 polgadas do iPad actual de 9,7 polgadas, diferenciándose en todo
o seu rango de prezos en 90 euros) e finalmente, tras un breve peche da tenda
en liña de Apple, está
dispoñible, aÃnda que cun prazo de entrega de 5-10 dÃas.
Este novo produto supón un cambio de xogo,
pois ata o momento o iPad mini era un produto que o público vÃa como económico
e máis portátil, mentres que agora destaca só como portátil, aÃnda que para os
usuarios que buscan un iPad de entrada continúa no catálogo de
Apple o iPad mini de 16 polgadas, agora a un prezo de 289 euros, renovando
a súa estética para presentarse nas novas cores dos dispositivos móbiles da
compañÃa (prata e gris espacial).
Lembremos que o iPad mini con pantalla Retina parte dun prezo de 389 euros para
o modelo de 16 Gb, incrementándose en chanzos de 90 euros para as súas
capacidades de 32, 64 e 128 Gb nas súas versións con Wi-Fi, mentes que os
modelos con banda larga móbil teñen un sobrecusto de 120 euros.