Samson oferta un dos seus micrófonos analóxico/dixitais
venres, 4 de decembro do 2009
Os afeccionados
ao podcasting que queiran realizar as
súas gravacións dende o ordenador cunha calidade aceptable téñeno cada vez máis
doado, e resultando realmente impresionante o novo
kit que lanzan dende Samson Tech, consistente nun micrófono cardiode
Q2U que funciona tanto en dixital (a través de USB) como en analóxico (cun
conector XLR) e uns auriculares pechados HP20 con conector estándar de 3,5
milÃmetros.
Este atractivo conxunto que converte un ordenador nun sistema de gravación sae
á venda nos EE.UU. por só 89 dólares (59,91 euros) de xeito que a
realización doméstica de podcast
resulta cada vez máis accesible.