Samsung Papyrus, novo lector de libros electrónicos de pequeno tamaño

mércores, 25 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O Samsung Papyrus é a aposta do fabricante surcoreano dentro do mercado de lectores de libros electrónicos que está a converterse nun sector bastante competitivo, aínda que esta nova proposta tecnolóxica destaca por ser un pouco distinto do resto de dispositivos desta gama, con pantalla táctil, un tamaño de DIN A5 (parecendo unha moleskine) e 512 Mb de memoria integrada, carecendo de lector de tarxetas SD (algo que sorprende, xa que se convertera en case un estándar neste tipo de produtos) e, aparte de utilizarse coma lector de textos, tamén inclúe aplicacións de caderno de notas, diario, calculadora e xestor de contactos. Porase á venda en Corea en xuño, e chegará máis adiante a EE.UU. e Reino Unido (polo que supomos que tamén se venderá no resto de Europa, aínda que nunha data por definir).
Para poder entrar neste mercado no que o Amazon Kindle ou os lectores de Sony parecen ben asentados, Samsung opta por un prezo agresivo, que falan que sería duns 299 dólares. O que non sabemos é cal será a reacción dos responsables do lector de libros electrónicos español Papyre 6.1, ante a posibilidade de confusión entre ambos dispositivo en canto a nome.

Demostración do funcionamento do Samsung Papyrus

PUBLICIDADE