Samsung adelgaza os seus reprodutores de Blu-ray 3D

martes, 28 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Samsung Electronics anunciou que no Consumer Electronics Show (CES), que terá lugar a primeiros de xaneiro en Las Vegas, vai presentar o seu reprodutor de Blu-ray 3D máis delgado, que consegue achegar unhas prestacións realmente avanzadas cun grosor de só 23 milímetros e un deseño moi atractivo.
Polo momento non coñecemos nin o nome, nin o prezo, nin a data de lanzamento deste novo trebello, pero xa sabemos que permite ver contidos en 3D á vez que converte as imaxes en 2D en cuasi-3D, cunha tecnoloxía que busca así compensar a falta de contidos estereoscópicos que hai no mercado. Tamén conta con prestacións avanzadas que facilitan a súa conexión con Facebook, Twitter e YouTube.

PUBLICIDADE