Samsung amosa os seus novos monitores USB
venres, 21 de setembro do 2007
Samsung presentou os seus novos monitores
CX940UX de 19 polgadas que destacan por conectarse ó ordenador a través de
portos USB, de xeito que se converte na solución máis atractiva para engadir
monitores adicionais a un ordenador portátil (xa que habitualmente non teñen
espazo para engadir máis tarxetas gráficas).
Estas novas pantallas da familia Syncmaster poden agruparse en modo multimonitor,
podéndose conectar ata 6 pantallas adicionais. Os monitores incluso integran 2
portos USB a xente de concentrador (prácticos para a conexión de periféricos
coma ratos ou teclados).
Non se coñece o prezo destes revolucionarios monitores nin os seus detalles técnicos,
pero está claro que supoñen toda unha revolución nun momento no que os equipos
portátiles se venden mellor que os sobremesa.