Samsung amosa un novo smartphone con dobre SIM de tamaño compacto

luns, 3 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Os usuarios interesados en adquirir un móbil con dobre SIM poden estar atentos ante un novo terminal que vén de engadir Samsung á súa páxina web na República Checa, o Galaxy Pocket DUOS, que destaca fronte aos seus competidores por ser un smartphone bastante compacto (mide 103,9 x 57,9 x 12,98 milímetros) e lixeiro (pesa 103 gramos).
O Samsung Galaxy Pocket DUOS funciona con Android 2.3, ten unha pantalla de 2,8 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, cámara de 2 Mpíxeles, sintonizador de radio FM, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, USB 2.0, 3 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb e batería de 1.200 mAh (cunha autonomía de ata 920 minutos en conversa e 410 horas en espera). Estariamos así ante o que parece ser unha versión reducida do Samsung Galaxy Y DUOS, que está á venda libre en España por 159 euros, polo que é de agardar que o novo terminal teña un prezo aínda máis atractivo.

O Galaxy Pocket DUOS chega cun deseño moi compacto

PUBLICIDADE