Samsung anuncia un novo móbil con pantalla de 5 polgadas
martes, 18 de decembro do 2012
A familia de móbiles Samsung con Android no para de medrar,
mantendo uns tamaños de pantalla tamén bastante esaxerados, e asà dan a coñecer
o que será o Samsung
GALAXY Grand, un smartphone con Android 4.1.2 e pantalla de 5 polgadas (cunha
modesta resolución de 800 x 480 pÃxeles)), que alimentado por un procesador de
dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante microSD de ata 64 Gb), cámaras de 8 e 2 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth
4.0 e baterÃa de 2.100 mAh, que chega cun grosor de só 9,6 milÃmetros e un peso
de 162 gramos, que parece aspirar a converterse na versión económica dos
Samsung GALAXY Note, e que incluso vai contar cunha versión con dobre SIM, polo
que entendemos que este dispositivo vai comercializarse incluso en mercados
emerxentes.
O Samsung GALAX/ Grand chegará ao mercado a primeiros de 2013, e parece buscar
captar a un tipo de consumidor que busca móbiles completos con pantalla de
grande tamaño, pero sen precisar das altas prestacións dun terminal de alta
gama, conseguindo asà cubrir as súas necesidades por un prezo asumible.