Samsung converte as súas aspiradoras en sistemas de vixilancia

martes, 15 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Samsung leva a converxencia de dispositivos electrónicos a un novo nivel co seu robot-aspirador VC-RL87W da liña Tango que integra conectividade Wi-Fi e TangoView, ou sexa, unha cámara de vídeo que permite utilizar a aspiradora como unha cámara de vixilancia que podemos controlar dende o ordenador, o móbil ou o tablet.
Esta aspiradora é relativamente silenciosa (xera só 48 dB de ruído) e conta con luz e micrófono para potenciar as súas funcións de vixilancia. O seu prezo en Corea do Sur é de 799.000 wons (502,53 euros).

PUBLICIDADE