Samsung lanza versións especiais dos seus Galaxy Note e Y co gallo dos Xogos Olímpicos

luns, 21 de maio do 2012 Marcus Fernández

Samsung é un dos patrocinadores oficiais dos Xogos Olímpicos que terá lugar o vindeiro verán en Londres, e para celebralo veñen de lanzar no Reino Unido versións especiais dos seus terminais Galaxy Note e Galaxy Y a través do operador O2, que contarán cunha parte traseira adicional especial coa bandeira nacional e permitirán participar no sorteo de entradas para os Xogos. Amais, Samsung achegará 1 libra esterlina para os atletas olímpicos británicos por cada terminal vendido.
Polo momento só sabemos deste produto exclusivo no Reino Unido, pero non sería de sorprender que Samsung replicase a promoción noutros países, incluíndo unha carcasa posterior personalizada coa correspondente bandeira nacional.

PUBLICIDADE