Samsung lanzará un novo móbil para os amantes da fotografÃa
venres, 26 de setembro do 2008
Finalmente se
coñecen as caracterÃsticas
do móbil Samsung M8800, tamén coñecido coma Pixon, que é un deses
terminais pensados para os amantes da fotografÃa que queren integrar móbil e
cámara compacta, pois integra unha cámara de 8 MpÃxeles con enfoque automático,
estabilizador de imaxe e outras funcións avanzadas (asà coma gravación de
vÃdeo) que xunto coa súa pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de
240 x 400 pÃxeles e interface TouchWiz (que permite o seu manexo cos dedos coma
se fose un iPhone) forman un dispositivo de uso moi cómodo e completo.
O Samsung M8800 tamén conta con teclado virtual QWERTY, acelerómetro (para
axustar a pantalla cando estea en horizontal ou vertical), GPS, Bluetooth,
reprodución de DivX, receptor de radio FM con RDS, lector de tarxetas microSD e
mesmo recoñecemento de escritura. Mide 107,9 x 54,6 x 14,9 mm, pesa 110 gramos
e se
venderá por uns 550 euros.
Anuncio do Samsung M8800 Pixon