Samsung leva os seus GALAXY Note ás 8 polgadas
luns, 25 de febreiro do 2013
AÃnda que ao falar do GALAXY Note de Samsung normalmente
entendemos que é un tabletófono, a
marca Note serve para designar que estamos ante dispositivos que poden
manexarse cun punteiro S Pen, incluÃndo tamén tablets na familia, como o novo
Samsung GALAXY Note 8.0, que onte deuse a coñecer en Barcelona e consiste
nun tablet con pantalla de 8 polgadas cunha resolucÃón de 1.280 x 800 pÃxeles e
sistema operativo Android 4.1.2 que parece querer converterse na principal
alternativa ao iPad mini.
- O Samsung GALAXY Note 8.0 resulta atinado para o consumo de contidos
O novo tablet funciona cun potente procesador A9 de catro núcleos a 1,6 GHz, 2
Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD de ata 64 Gb), Wi-Fi N, Blueooth 4.0, USB 2.0, GPS, cámaras de 5 e 1,3
MpÃxeles, baterÃa de 4.600 mAh e conectividade móbil opcional, destacando neste
último elemento por ser capaz de realizar chamadas telefónicas (polo que
poderiamos velo como un tabletófono xigante).
AÃnda non se coñece o prezo deste dispositivo de Samsung, e teremos que agardar
ao segundo trimestre do ano para poder velo nas tendas.