Samsung levará ao CES novos monitores con deseños moi rechamantes
venres, 4 de xaneiro do 2019
Samsung vén de presentar tres
novos monitores pensados para distintos perfÃs de usuario e atendendo a
distintas demandas de profesionais, xogadores e creadores de contidos, todos coas
últimas tecnoloxÃas que garanten unha magnÃfica calidade de imaxe, e que
poderán verse en vivo durante o CES de Las Vegas que terá lugar a vindeira
semana.
O Space Monitor poderÃa ser a pantalla máis rechamante de Samsung, por ofrecer
un deseño delgado e funcional, que busca aforrar espazo ao máximo, cun pé abatible
con formato de pinza, de xeito que pode engancharse ao bordo da mesa, aforrando
moito espazo no escritorio. Este pé pode inclinarse para achegar a pantalla ao
usuario, e podendo volver colocarse en vertical para deixar libre o espazo que
ocupa o monitor. O propio pé tamén serve para guiar os cables. Un dispositivo
moi interesante que chegará en tamaños de 27 e 32 polgadas con resolucións QHD
e UHD respectivamente.
VÃdeo de presentación do Samsung Space Monitor
49 polgadas en 32:9 para xogadores
p>
Máis esaxerado, e para un público moito máis
especÃfico, serÃa o CRG9, un monitor de 49 polgadas cunha relación de aspecto
32:9 (ou sexa, que equivale a pegar dous monitores panorámicos) cun refresco de
120 Hz e unha velocidade de resposta de 4 milisegundos, de xeito que serÃa
ideal para gozar de videoxogos e, precisamente por iso incoprora tecnoloxÃas
como a AMD Radeon FreeSync 2 HDR, que garante unha experiencia de xogo fluida.
Este monitor ten unha resolución de pantalla de 5.120 x 1.400 pÃxeles, cun brillo
de até 1.000 nits e compatibilidade con HDR10. Promete unhas cores fieis dende
un amplo ángulo de visión e conta cunha curvatura para garantir unha visión
completa para o xogador.
Aparte dos xogos, tamén pode aproveitarse esta grande pantalla para a
multitarefa, para o que conta con funcións de Pictury-by-Picture, podendo asà presentar en pantalla a imaxe de
dúas fontes de vÃdeo. Integra 1 porto HDMI, 2 portos DisplayPort, USB 3.0 e
toma de auriculares.
32 polgadas parar crear contidos
Pensando nos creadores de contidos chegará o UR59C, un monitor curvo de 32 polgadas de ultra alta definición, con soporte para mil millóns de cores e unha relación de contraste de 2.500:1, buscando asà unha boa representación de imaxes e vÃdeos, asà como evitar a fatiga visual tras un uso prolongado. Esta pantalla superdelgada ten un grosor de só 6,7 milÃmetros e a súa base facilita a guÃa de cables para reducir a súa pegada no escritorio.