Samsung presenta novos monitores da gama Swan de 20 e 22 polgadas

venres, 6 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Samsung Electronics está a ter un importante éxito de vendas coas seus monitores LCD, e esta semana presentou novos modelos dentro da súa serie Swan en tamaños de 20 e 22 polgadas, que amosan un elegante deseño (inspirado nun cisne) que fixo que esta familia de pantallas vendese máis dun millón de unidades dende o mes de xaneiro, agardando superar os 3 millóns antes de rematar o presente ano.
O Syncmaster CX2032GW/BW é o modelo de 20 polgadas, e o Syncmaster CX2232GW/BW conta con 22, incorporando ambos unha tecnoloxía baseada en elastómeros que mellora o ángulo de visión e se venden a 368.000 e 437.000 wons respectivamente, ou sexa, con prezos de entre 232,89 e 276,55 euros, polo que queda en evidencia que un bo deseño non rifa cun bo prezo.

PUBLICIDADE