Samsung presenta o seu novo televisor de ultra alta definición de 110 polgadas

luns, 30 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Vese que, rematada a febre das 3D, o que está de moda na electrónica de consumo é a ultra alta definición, e en poucos días moitos van ser os fabricantes que leven os seus enormes televisores que permitan gozar de contidos a tal resolución ao Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas, como Samsung, que non conforme con amosar o ano pasado no evento un xigantesco televisor de 85 polgadas, este ano concorrerá á cita cun televisor de 110 polgadas ou, ou que é o mesmo, unhas medidas de 2,6 x 1,8 metros, o que fai inevitable a súa comparación cunha cama.
Deste volta non teremos que agardar moito para ver eses televisores xigantes no mercado, pois están xa a comezar a súa distribución asiática, de xeito que nun par de meses deberían estar xa dispoñibles en Occidente, aínda que a un prezo ao alcance de moi poucos.

PUBLICIDADE