Samsung presenta un cargador sen fíos para 3 dispositivos á vez

mércores, 2 de setembro do 2020 Marcus Fernández

A presentación do proxector The Premiere foi o máis relevante do evento Life Unstopable de Samsung, pero houbo outro produto que chamou moito a atención, non por ser revolucionario, senón por poder considerarse un aceno a Apple. Falamos do Wireless Charger Trio, unha estación de carga por indución deseñada para a carga de varios dispositivos á vez, ou sexa, para facilitar que usuarios do ecosistema Galaxy (ou doutros produtos compatibles coa carga sen fíos) poida recargar o seu smartphone, os seus auriculares e o seu reloxo dun xeito cómodo, o que claramente lembra á proposta que fixo Apple coa base de carga AirPower, que finalmente non chegou ao mercado pese a anunciarse oficialmente nunha keynote da compañía da mazá.
O novo cargador de Samsung conta con 3 puntos de carga, dos que un sería específico para reloxos, mentres que o resto serían válidos para dispositivos cun deseño máis plano, como o smartphones e os estoxos dos auriculares sen fíos.

PUBLICIDADE