Samsung presenta un novo monitor 3D sen lentes
luns, 24 de marzo do 2025
Samsung está a presentar ao mundo o seu novo monitor Odyssey 3D modelo G90XF, que destaca por contar cun panel de 27 polgadas capaz de presentar imaxes tridimensionais sen que o usuario teña que empregar lentes, combinando tecnoloxÃa de seguimento ocular cunha lente de tipo lenticular, conseguindo asà que os videoxogos 3D serán aÃnda máis inmersivos.
Ademais de xogos en 3D (que deben ser compatibles con esta función que habilita a aplicación Reality Hub), o Odyssey 3D tamén conta con conversión de vÃdeo mediante intelixencia artificial para que os contidos planos poidan verse en 3D con efectos de profundidade uniformes que buscan provocar unha menor fatiga visual.
Pero non podemos esquecer que estamos ante un monitor orientado a xogadores, polo que presenta un panel cunha frecuencia de actualización de 165 Hz, un tempo de resposta GtG de 1 milisegundo, e compatibilidade con AMD FreeSync Premium e nVIDIA G-Sync.
Completa a experiencia a tecnoloxÃa Edge Lighting, que enche o contorno con iluminación que se adapta a cada xogo, enchendo o espazo baixo o monitor con cores que se sincronizan coa iluminación da pantalla, mellorando a experiencia da pantalla 3D e levando os contornos de xogo á vida real.
VÃdeo promocional do novo monitor de Samsung