Samsung presenta un novo smartphone con 5G a un prezo axustado

luns, 8 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Samsung anunciou hoxe o novo smartphone Galaxy A32 5G, que busca achegar a conectividade 5G a un público máis amplo, á vez que achega unha autonomía moi xenerosa grazas a unha batería de 5.000 mAh con carga rápida de 15 watts.
Este smartphone presenta unha pantalla HD+ de 6,5 polgadas cunha pestana superior central para albergar unha cámara frontal de 13 Mpíxeles, mentres que na súa parte traseira presenta unha cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 48 Mpíxeles, un grande angular de 8 Mpíxeles un macro de 5 Mpíxeles e un sensor de profundidade de 2 Mpíxeles.
O Samsung Galaxy A32 5G conta con 4 GB de RAM e 64/128 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 1 TB; integra un lector de impresións dixitais nun lateral; ten conectividaide Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0 e NFC; e preséntase con carcasas de 4 cores distintas, partindo o seu prezo dos 279 euros.

PUBLICIDADE