Samsung presenta un par de cámaras con pantalla frontal
xoves, 13 de agosto do 2009
Samsung
presentou a ampliación do seu catálogo de cámaras dixitais, entre as que destacan
a ST550 e a ST500 por incorporar non só unha pantalla táctil LCD de 3,5
polgadas e 3 polgadas respectivamente, senón tamén unha pantalla frontal de 1,5
polgadas, o que facilitarÃa a realización de auto-retratos ou simplemente permitirÃa que as persoas fotografadas
poidan saber se están a ser enfocadas. Tamén é posible amosar nesta pequena
pantalla imaxes divertidas para captar a atención dos cativos e asà poder
retratalos convenientemente.
Estas novas cámaras teñen un sensor de 12,2 MpÃxeles, zoom de 4,6x e capacidade
de gravación de vÃdeo a 720p. Estes modelos tamén responderán ás referencias TL220
e TL225, e estarán
á venda en setembro a uns 349,95 e 299,95 dólares respectivamente.