Samsung presenta un procesador para móbiles con gráfica de AMD
martes, 18 de xaneiro do 2022
Tras uns anos con procesadores da familia Exynos que quedaban
por detrás dos Snapdragon de Qualcomm, Samsung quire dar un bo salto adiante co
novo
Exynos 2200, un procesador móbil que destaca por integrar unha gráfica
Xclipse que fai uso da arquitectura RDNA 2 de AMD, co que pretenden ofrecer unha
experiencia excepcional en xogos, asà como tamén en aplicacións de redes
sociais e fotografÃa.
Grazas ao uso da arquitectura RDNA 2 a gráfica Xclipse permite realizar ray
tracing mediante hardware e tamén sombreado variable (VRS) que son tecnoloxÃas
máis propias de ordenadores persoais e consolas de videoxogos.
O Exynos 2200 integra un procesador principal de 8 núcleos (un núcleo ARM
Cortex X2, 3 Cortex 710 e 4 Cortex A510), pode tirar proveito da intelixencia
artificial cunha NPU avanzada e incluso pode gozar de grandes velocidades de
banda larga cun modem 5G con soporte de mmWave e capacidades para mover datos
até a 10 Gbps.
O procesador de imaxe do Exynos 220 pode controlar sensores de imaxe de até 200
MpÃxeles e até 7 sensores de imaxe individuais, aÃnda que as configuracións
máis habituais serán as de un módulo de cámara de 108 MpÃxeles ou unha cámara
dual de 64 e 36 MpÃxeles. Tamén pode gravar vÃdeo até 4K HDR (ou 8K) e
reproducir vÃdeo en 4K a 240 imaxes por segundo (ou 8 K a 60 imaxes por
segundo).
Samsung asegura que o Exynos 2200 xa está en produción, polo que en breve
veremos produtos que integren estes procesadores.