Samsung presenta unha tarxeta microSD de 256 GB de capacidade
mércores, 11 de maio do 2016
Cando se presentan moitos teléfonos móbiles podemos ler nas
súas especificacións que pode ampliarse a súa capacidade interna mediante
tarxetas microSD que nalgúns casos chegan a tamaños absurdos que responde
simplemente ao soporte dun estándar (non á existencia de tarxetas de tal
capacidade) xa que a carreira por conseguir introducir maiores capacidades de
almacenamento non cesa, e agora chega Samsung e presenta a súa nova
tarxeta microSD EVO Plus cunha capacidade de 256 GB, sendo a primeira
tarxetas desta categorÃa en chegar a tal capacidade de almacenamento, pensando
principalmente na ampliación do almacenamento de smartphones e tabletas,
cámaras de vÃdeo en 360 graos, cámaras de acción e drons, que coas novas
calidades de vÃdeo teñen unha grande demanda de almacenamento.
Nestas novas tarxetas de memoria serÃa posible gravar até 12 horas de vÃdeo en
ultra alta definición (ou 33 horas de vÃdeo Full HD), facilitando asà o uso de
dispositivos móbiles durante a gravación de reportaxes sen ter que andar
cambiando constantemente a tarxeta de memoria (en moitos casos de difÃcil
acceso).
A EVO Plus 256GB fai uso da tecnoloxÃa V-NAND que permÃtelle grandes
velocidades, sendo capaz de chegar a ler a 95 MB por segundo e gravar a 90 MB
por segundo, o que é máis que suficiente para almacenar fotografÃas de elevada
resolución e de vÃdeo 4K, asà como para tarefas de uso intensivo de multimedia
como a realidade virtual ou os videoxogos.
Estas novas tarxetas de memoria sairán á venda no mes de xuño a un prezo
estimado de 249,99 dólares.