Samsung presentará o seu smartwatch o 4 de setembro
martes, 27 de agosto do 2013
- O Samsung S9110 foi o watchphone comercializado por Samsung en 2009
A semana
que vén comezará en BerlÃn a feira de
electrónica de consumo IFA, e unha das compañÃas que apostará de xeito
importante pola mesma será Samsung, que ten previsto adiantarse á apertura de
portas anunciando o 4 de setembro un par de produtos moi agradados como serÃa o
Samsung GALAXY Note III e o
primeiro smartwatch da compañÃa, que responderÃa
ao nome de Samsung GALAXY Gear.
Samsung xa comercializara en 2009, con pouco éxito, un móbil 3G de
pulso, ao que definÃa como watchphone,
pero os smartwatches non buscan ser
un produto autónomo, senón operar en combinación cun smartphone, para potenciar
as súas prestacións e facilitar o seu uso dun xeito distinto, máis de vestir.
Sobre o Samsung GALAXY Note III tamén levamos semanas escoitando numerosos
rumores con respecto ás súas especificación de hardware, parecendo case
seguro que contará cunha pantalla de 5,68 polgadas.