Samsung renova os seus ultraportátiles con Windows 10
xoves, 14 de decembro do 2017
Os ultraportátiles de Samsung afrontarán en 2018 unha
importante renovación, de xeito que agora teremos
tres versións do Samsung Notebook 9 e unha do Samsung Notebook 9 Pen, que
non só poderá funcionar cun lapis dixitalizador, senón que incluso integra unha
rañura para gardalo na liña de como fan os móbiles Galaxy Note, no que semella
un aceno para captar aos fieis deste tipo de smartphone.
O Samsung Notebook 9 Pen é un ordenador 2-en-1 moi atractivo, polo seu corpo de
metal, o seu reducido peso e a súa bisagra de 360 graos, que ao sumarlle un S
Pen con 4.096 niveis de presión e detección de inclinación convértese nunha
ferramenta moi práctica para realizar anotacións e bosquexos. Este equipo
venderase con pantalla Full HD de 13,3 polgadas, procesador Intel Core i7 de 8ª
xeración, até 16 GB de RAM, até 512 GB de almacenamento interno, 1 porto USB-C,
1 porto USB 3.0, saÃda HDMI e lector de pegadas dixitais, mantendo o seu grosor
entre 14,6 e 16,5 milÃmetros e o seu peso en 995 gramos.
Os Samsung Notebook 9
chegan pola súa banda con pantalla Full HD de 13,3 e 15 polgadas, existindo
dúas variantes do modelo de maior tamaño: unha cunha gráfica discreta e outro cunha
nVIDIA GeForce MX150 con 2 GB de GDDR5. Os distintos modelos funcionará con
procesador Intel Core i7 de 8ª xeración, até 16 GB de RAM, até 1 TB de SSD e
lector de pegadas dixitais; o modelo de 13,3 polgadas conta cun porto USB-C, 2
portos USB 3.0, e saÃda HDMI, mentres que o modelo de 15 polgadas ten espazo
dabondo para incluÃr un porto USB 2.0 adicional. O modelo de 13,3 polgadas
pesará 995 gramos, mentres que os de 15 polgadas pesarán 1.250 e 1.290 gramos
respectivamente.
- O Samsung Notebook 9 Pen destaca por incluÃr unha rañura para un S Pen