Samsung sorprende co seu Galaxy A30s

xoves, 22 de agosto do 2019 Marcus Fernández

A serie de smartphones Galaxy A de Samsung están a ter unha magnífica acollida, de aí que a compañía surcoreana continúe a ampliar esta gama de produtos de gama media cun prestacións bastante elevadas. O novo integrante desta serie é o Samsung Galaxy A30s, un teléfono cunha pantalla infinita, cámara versátil e batería de grande duración, que xunto ao rechamante acabado da súa carcasa (que presente un deseño cun patrón xeométrico e un efecto holográfico futurista, e está dispoñible en 4 cores distintas), convértese nun produto moi a ter en conta.
O Galaxy A30s conta con 3 cámaras traseiras (unha principal de 25 Mpíxeles (con apertura f/1.7), un ultra grande angular de 8 Mpíxeles e unha cámara de profundidade de 5 Mpíxeles, a súa cámara frontal de 16 Mpíxeles está nunha pequena pestana superior, e para maximizar o tamaño da súa pantalla Super AMOLED HD+ de 6,4 polgadas o lector de pegadas dixitais intégrase na propia pantalla.
Chegará en versións e ¾ GB de RAM, 32/64/128 GB de almacenamento interno e batería de 4.000 mAh con carga rápida de 15 watts por USB-C. Tamén funcionará con Samsung Pay. Queda por saberse o prezo ao que chegará ao mercado español.

Folla de especificacións do Galaxy A30e

PUBLICIDADE