Samsung trae a España as súas novas tabletas
xoves, 6 de xuño do 2019
Samsung anunciou
a chegada a España das súas tabletas Galaxy Tab S5e e Galaxy Tab A 10,1” 2019,
coas que chegan a distintos perfís de usuarios, destacando o feito de que a
Galaxy Tab S5e recibirá en breve unha actualización que permitirá o uso de Bixby
en español, facilitando así o control mediante ordes de voz. Esta potente
tableta tamén é compatible con Samsung DeX, ou sexa, que permite un uso
semellante ao dun ordenador persoal, o que resulta moi atinado para traballos
de produtividade.
A tableta Samsung Galaxy Tab S5e, presentada
en febreiro, chega a
un prezo de 439 euros con 64 GB de almacenamento e de
509 euros con 128 GB de almacenamento, nas súas versións con Wi-Fi, mentres
que os
modelos con conectividade 4G incrementan o seu prezo en 60 euros. Esta
tableta ten un grosor de só 5,5 milímetros, un peso de 400 gramos e unha
autonomía de até 14,5 horas.
Pero non todos os usuarios requiren dunha tableta de tan elevadas prestacións,
de aí que teñamos tamén a Galaxy Tab A 2019, con pantalla de 10,1 polgadas con
resolución WUXGA ten un grosor de 7,5 milímetros pero unha configuración moi
inferior, con
2 GB de RAM e 32 GB de almacenamento nun modelo que véndese por 229 euros,
mentres que por 269 euros podemos adquirir a versión con 64 GB de RAM.
- As tabletas Samsung Galaxy Tab A teñen configuracións modestas para poder manter un prezo contido