Samsung trae a España un novo robot de limpeza doméstica
mércores, 14 de abril do 2010
O uso doméstico
da robótica ten coma claro expoñente á aspiradora robotizada que leva por nome
Roomba, pero Samsung vén de lanzar un interesante competidor para este robot de
limpeza, o
NaviBot, que promete ser máis avanzado que o resto por poder moverse
polo domicilio sen un lÃmite de distancia con respecto da súa base e incorporar
unha cámara integrada na súa parte superior que captura 30 imaxes por segundo,
o que serve, xunto cos seus sensores frontais para identificar obstáculos, para
facer un mapa de cada estancia e establecer unha ruta de limpeza eficiente.
As aspiradoras Samsung NaviBot chegarán
a España o mes que vén a un prezo de entre 450 e 550 euros.