Samurai Shodown V Special chega a PS4

mércores, 13 de setembro do 2017 Marcus Fernández

Un dos xogos de loita de Neo-Geo que faltaba por chegar á nova xeración de consolas xa está aquí, e por fin podemos gozar de Samurai Shodown V Special para PlayStation 4 nunha versión en formato orixinal e sen censura, que tamén funciona en PlayStation Vita, permitindo así que podamos loitar en mobilidade e o seu prezo de venda é de 14,99 euros (ofrecéndose actualmente a 11,99 euros aos subscritores de PlayStation Plus).
Este xogos está recoñecido como un dos títulos de loita máis equilibrados de SNK, con varios sistemas e mecanismos que crean unha experiencia única, de xeito que os xogadores poden desviar ataques, agarrar a arma do opoñente e desarmalo e incluso facer que o tempo vaia máis lento uns instantes para remontar. Esta entrega da saga tamén permite liquidar aos inimigos e distintos xeitos.
A actualización de Samurai Shodown V Special tamén inclúe clasificacións en liña, trofeos e un modo multixogador en liña.

Tráiler de lanzamento de Samurai Shodown V Special para PS4

PUBLICIDADE