SanDisk lanza unha nova unidades USB accesible mediante Wi-Fi

venres, 17 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Esta semana SanDisk incorporou ao seu catálogo de produtos unha nova unidade de memoria flash, a SanDisk Connect Wireless Stick, que busca facilitar compartir, transferir e acceder a fotografías entre dispositivos móbiles e ordenadores, xa que estas unidades de memoria que teñen versións de até 128 GB de capacidade, son capaces de ofrecer os seus contidos a través de Wi-Fi, ou sexa, que funcionan como unidades de almacenamento sen fíos, converténdose nun interesante complemento para smartphones e tabletas, especialmente á hora de traballar con imaxes de alta resolución e vídeos de alta definición.
A SanDisk Connect Wireless Stick funciona como unha unidade USB 2.0, empregando o porto USB non só para datos, senón tamén para cargar a súa batería interna, o que permitiríalle servir un vídeo por Wi-Fi N durante até 4,5 horas cunha única carga.
Para facilitar o acceso á unidade de memoria pódese empregar unha aplicación para iOS ou para Android, permitindo que até 3 dispositivos accedan simultaneamente a vídeos almacenados na unidade, o que pode resultar especialmente práctico nestas datas, cando son habituais as saídas en familia, polo que contar cunha unidade en rede para gardar contidos multimedia pode solucionar numerosos escenarios nos que resulta complicado acceder á Internet.
Estas novas unidades aínda non chegaron ás tendas españolas, pero xa coñecemos o seu prezo nos EE.UU., que vai dos 29,99 aos 99,99 dólares en capacidades de 16, 32, 64 e 128 GB.


Vídeo promocional da SanDisk Connect Wireless Stick

PUBLICIDADE