Sansa Clip con 8 Gb de capacidade

xoves, 13 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O cativo reprodutor multimedia de Sandisk, o Sansa Clip, que soporta ficheiros en formatos MP3, OGG, FLAC, WMV, WMA con DRM e Audible (para audiolibros), ten unha autonomía de reprodución musical de 15 horas, integra sintonizador de radio FM con 20 presintonías e incorpora un micrófono para utilizalo coma gravadora de voz, amplía a súa capacidade e, aparte de venderse en modelos de 1, 2 e 4 GB, tamén se pode adquirir con 8 Gb, conservando o seu reducido tamaño (2,4 x 5,5 x 1,7 cm) e peso (26 gramos) e formato de pinza, a un prezo bastante atractivo (58,32 euros).

PUBLICIDADE