Scribblenauts supera o millón de copias

mércores, 3 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A división de videoxogos da Warner Bros anunciou que o seu premiado xogo Scribblenauts para Nintendo DS xa pode considerarse un auténtico supervendas ao superar o primeiro millón de copias en todo o mundo, converténdose nun dos xogos de máis éxito do pasado Nadal.
Esta xogo creado por 5th Cell consiste en solucionar distintas situacións combinando os obxectos que podemos invocar escribindo o seu nome na pantalla táctil da consola portátil de Nintendo.
Este éxito de vendas demostraría que non só as grandes sagas poden funcionar comercialmente, senón que tamén hai sitio para a innovación, pois pese a que a xogabilidade deste título sexa discutible, ninguén pode rexeitar a súa orixinalidade.

PUBLICIDADE