Sea of Thieves estará en probas durante a fin de semana
venres, 9 de marzo do 2018
O
último xogo de Rare, Sea
of Thieves, chegará ás tendas o vindeiro dÃa 20, e como unha última
oportunidade para botarlle un ollo antes do seu lanzamento, até o vindeiro
domingo celebra unha
beta aberta para Xbox One e Windows
10, que permite que os xogadores realicen un achegamento preliminar a un
tÃtulo que convidaranos a converternos en piratas de lenda ou durmir entre os peixes.
Entre as caracterÃsticas de Sea of
Thieves que podemos ver na súa beta aberta están as fortalezas cheas de
esqueletos que poder saquear con axuda doutras tripulacións; a posibilidade de
unirse á alianza de mercaderes para tomar o control das liñas comerciais e facerse
coas mellores recompensas a cambio de variadas misións; e a elección de navÃos
en función do número de tripulantes e das preferencias do usuario, de xeito que
tanto poderemos optar por un rápido e potente galeón ou por unha pequena embarcación
case invisible ante os canóns inimigos.
O xogo abrirá todo un mundo de exploración e aventura no que poderán coincidir
numerosos xogadores en liña, que buscará en todo momento divertir e manter aos
usuarios enganchados durante moito tempo grazas á evolución que irá
experimentando o xogo mentres recibe novos contidos.