Serious Sam volve en alta definición

mércores, 13 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Serious Sam é unha saga de xogos de acción en primeira persoa que en 2001 nacía no PC e que hoxe rexurde coma un xogo arcade de alta definición para a Xbox 360, de xeito que no Bazar de Xbox LIVE xa está dispoñible Serious Sam HD: The First Encounter por 1.200 puntos (14,4 euros).
Esta actualización do xogo de Majesco presenta uns gráficos moito máis elegantes, conservando o seu espírito agresivo, e permitindo incluso o xogo en liña con ata 3 amigos. Este título métenos na pel de Sam na súa batalla a través do tempo que o leva a o antigo Exipto para derrotar a numerosos inimigos nos 15 niveis que compoñen este xogo de acción a tope.
Quen non queira mercar o xogo a cegas pode descargar antes unha versión de demostración de balde.

PUBLICIDADE