Shadow of the Damned será o novo xogo de Shinji Mikami e Goichi Suda

mércores, 15 de setembro do 2010 Marcus Fernández

O Tokyo Game Show está a comezar con moita forza, e para abrir boca o proxecto conxunto de Shinji Mikami (creador de Resident Evil) e Goichi Suda (No More Heroes) para EA anunciado en 2008 por fin ten nome, Shadow of the Damned, que sairá o ano que vén para Xbox 360 e PlayStation 3 no que promete ser un título de acción cunha ambientación macabra apoiada pola banda sonora de Akira Yamaoka (compositor da música da saga Silent Hill).
O protagonista deste novo xogo será un cazador de demos profesional enviado a rematar co mal do inferno, nunha historia que o xogador poderá ver dende unha perspectiva de terceira persoa sobre o ombro, e que promete ser realmente espectacular coma podemos ver no seu primeiro trailer:

PUBLICIDADE