Shadow of the Tomb Raider chega ás tendas

venres, 14 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Chegou o momento que os seareiros de Lara Croft estaban agardando: a derradeira entrega da triloxía de reboot de Tomb Raider chega finalmente as tendas, de xeito que xa podemos facernos con Shadow of the Tomb Raider para Xbox One, PlayStation 4 e PC.
Esta terceira entrega das novas aventuras de orixe de Lara Croft presenta unha historia máis escura e violenta, ao ter como obxectivo deter unha apocalipse maia, para o que haberá que dominar unha selva mortal, superar tumbas aterradoras e superar momentos moi duros.
Tomarán un rol máis importante os contornos subacuáticos, xa que haberá que explorar profundos sistemas de túneles.
Á combinación de acción e exploración, unha vez máis sumaráselle a resolución de quebracabezas, de xeito que podemos asegurar que estamos ante un xogo moi na liña dos anteriores, que non engade grandes innovacións, pero mantén un nivel técnico elevado, que nas consolas percibirán especialmente os que conten cunha PS4 Pro ou unha Xbox One X, xa que este xogo tira proveito do HDR e a resolución 4K.

Esta entrega mantén as mecánicas das anteriores
Desta volta, Lara Croft deberá evitar unha apocalipse maia

Tráiler de lanzamento do xogo

PUBLICIDADE