Shadow of the Tomb Raider de oferta para PS4

mércores, 10 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Entre os xogos máis vendidos na PlayStation Store en setembro están os títulos deportivos da tempada, o agardado Marvel’s Spider-Man e tamén outra novidade, Shadow of the Tomb Raider, o capítulo final dos reboot das aventuras de Lara Croft, que pese a ser unha nova incorporación ao catálogo de PS4, decidiron que fose a oferta da semana na PlayStation Store, de xeito que non haberá que agardar ás grande rebaixas de preto do Nadal para facerse con esta aventura cun 25% de desconto.
Deste xeito, podemos adquirir Shadow of the Tomb Raider por un prezo que parte dos 49,99 euros para a edición estándar, aínda que temos unha rebaixa proporcional tamén no resto de edicións que inclúen contidos adicionais, polo que haberá quen prefira aproveitar esta oferta para facerse coa edición máis completa pagando un prezo semellante ao da básica.
Esta terceira entrega das novas aventuras de Lara Croft é a máis escura de todas, xa que entre a supervivencia e exploración propia deste tipo de xogos tamén haberá que deter unha apocalipse maia, chegando a uns niveis de violencia superiores aos dos dous xogos anteriores, pero que levan ao personaxe a conformarse como a saqueadora de tumbas máis famosa do mundo dos videoxogos.

PUBLICIDADE